Durante os primeiros meses do ano 2009 levouse a cabo unha campaña de recollida de sinaturas on-line para solicitar ao Concello a creación da figura do mediador veciñal. Esta iniciativa cidadá perseguía ter a disposición da veciñanza de forma gratuita a unha persoa ou equipo de persoas con capacidade para mediar nalgúns problemas que poden surdir na comunidade veciñal, relacionados coa conviviencia, instalacións, arreglos, impagos, etc.
Paralelamente, desde a Concellaría de Parrticipación Cidadá tíñanse iniciado distintos contactos con entidades que contaban con mediación profiesional para deseñar a implementación desde o municipio da mediación veciñal.
Dada a coincidencia de obxectios, a Concellaría recibíu a proposta e a memoria que recollía a demanda deste servizo de mediación veciñal, e mantivo sucesivos encontros e reunións coas persoas impulsoras da iniciativa, chegando ao acordo de poñer en marcha este recurso no prazo de tempo máis curto posible.
Deste xeito, déronse todos os pasos necesarios para articular recurso, que terá a súa sede nas dependencias do novo centro do barrio do Birloque.
O seu deseño basease nalgunhas experiencias pioneiras desenvolvidas noutros concellos cun grao óptimo de funcionamento, aínda que creando un modelo propio adaptado ás necesidades específicas da Coruña.
O recurso que vai ofertar o Concello da Coruña asentarase sobre un voluntariado cualificado con apoio da Oficina Municipal do Consumidor e a Policía Local. Deste xeito contará cun equipo multifuncional de entre 15 ou 20 persoas voluntarias, que traballarán baixo a coordinación dun técnico/a en mediación de conflictos veciñais. O equipo de persoas voluntarias deberá integrar perfís procedentes da educación social, psicoloxía, dereito, pedagoxía ou educación e de líderes sociais que estén en disposición de unirse a este corpo de voluntarios para desenvolver traballos de mediación. Está previsto que todo o persoal voluntario seleccionado pase por un completo período de formación antes de comenzar a executar o seu traballo coa cidadanía.
Durante o último trimestre do ano mantivéronse contactos e reunións con persoas expertas en mediación e voluntariado e co Colexio de Administradores de Fincas da Coruñaco obxecto de definir o plan formativo (estrutura, contidos e metodoloxía), para impartir ás persoas que traballarán como voluntarias dentro do equipo de mediadores e mediadoras en conflictos veciñais.
Igualmente, con vistas a axilizar a posta en marcha do novo recurso, mantivéronse contactos e reunións con varias institucións educativas da cidade para reunir o equipo de mediadores e mediadoras veciñais:
• Universidade Senior da Coruña.
• Servizo do COIE da UNED e responsable do “prácticum” das titulacións de Educación Social e Pedagoxía.
• Facultades de Dereito e Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
As posibilidades de colaboración e de establecer acordos productivos para dar inicio á actividade son altamente satisfactorios coa Universidade Senior e coa UNED. Ambas institucións amosaron un grande interese polo proxecto e o seu ánimo de colaborar activamente no desenvolvemento do mesmo.