I Foro sobre o conflicto, acoso e violencia nas relacións veciñais

10 de abril

No camiño da visibilidade e a intervención social e solidaria contra do acoso veciñal.


O Desenvolmento deste I Foro se concretaría en tres sesións de traballo, dúas pola mañan e una pola tarde. Cada sesión comprendería una mesa de traballo donde intervirían os ponentes invitados sobre a temática da sesión e un tempo de preguntas e intervención dos asistentes.
Finalizada a sesión da tarde, celebraríase un pequeño acto de lectura dalgunhas conclusións e a clausura do I Foro.


martes, 6 de abril de 2010

TRABALLOS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA

Ponente: Beatriz García Luque. Cruz Vermella Xuventude






O programa de prevención de Condutas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” comezou a súa andanza no ano 2000 e foi crecendo pouco a pouco ata que en Xaneiro de 2003  firmamos un convenio de financiación coa DEPUTACIÓN PROVINCIAL, e foi entón cando tomou o verdadeiro impulso.
Este convenio permitiunos ir medrando un pouco máis cada ano e chegar a desenvolver tódalas intervencións que realizamos ata o momento.

As intervencións que se desenvolven son as seguintes:

*      Talleres de secundaria
A duración dos mesmos é de dúas sesións de dúas mañás lectivas completas, é dicir entre 10 e 12 horas, con cada aula de 2º e 3º da ESO.
Os contidos que traballamos son os Dereitos Humanos, a violencia, o sexismo e a violencia de xénero, a resolución de conflitos, a autoestima, o bullying e as habilidades sociais e de comunicación.
A metodoloxía utilizada é apoiar cada contido con dinámicas de grupo, xogos, vídeos ou calquera outro medio didáctico que poida facilitar a adquisición deses contidos por parte das mozas e mozos co obxectivo final de que reflexionen sobre estes temas.

*      Talleres de primaria
A duración destes é de seis sesións de dúas horas ou dúas sesións de 6 horas.
Os contidos son os mesmos que en secundaria pero adaptados para a idade das cativas e cativos.
A metodoloxía consiste en seguir a guía didáctica e os cadernos que un equipo de voluntarias de Pontevedra elaboraron con este fin.

*      Creación dos grupos de convivencia e do correo electrónico
A creación dos grupos de convivencia consistiu en dar apoio aos centros educativos na creación dun grupo formado por alumnas/os, pais ou nais e profesores/as, que tras un período de formación elaboran un Plan Anual de Acción, co obxectivo de mellorar a convivencia do centro.
Na actualidade Cruz Vermella ofrécese para apoiar aos centros nos grupos de convivencia a través do correo electrónico senviolencia@cruzroja.es. Ademais este correo pretende ser unha ferramenta básica no contacto cos centros onde poidan solicitar bibliografía ou outras orientacións como recursos etc

*      Charlas para familias e docentes
Nos centros educativos onde desenvolvemos talleres co alumnado, realizamos ademais unha sesión para nais e pais e outra co profesorado.
A DURACIÓN de cada sesión suele durar aproximadamente unha hora e media e realízase fóra de horario laboral
OS CONTIDOS para as familias poden ser o bullying ou  pautas para mellorar a comunicación cos fillos e fillas así como o establecemento de límites. En canto ás charlas para profesorado, a sesión versará sobre bullying ou resolución de conflitos nas aulas.

*      Formación homologada para profesorado
Outro dos puntos a tratar é a formación do profesorado activo, por esta razón, dende o programa desenvólvense accións formativas sobre ACOSO ESCOLAR homologadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
A duración dos cursos é de quince horas e realízase fóra do horario escolar. O obxectivo destas accións é dotar ás profesoras e profesores de estratexias e coñecementos para poder previr, detectar e resolver casos de bullying.

*      A Xornada anual de Convivencia Escolar
No mes de outubro organízase a Xornada adicada á CONVIVENCIA ESCOLAR na que expertas e expertos na materia, a nivel estatal,  expoñen ás/ós asistentes os seus coñecementos sobre diversos temas relacionados como son o Bullying, Coeducación, Comunicación e adolescencia...

*      O voluntariado: o secreto de todo isto
Sería imposible realizar todo isto sen contar cun numeroso e estupendo equipo de voluntarias e voluntarios.
Para formar o equipo,  realizamos cada ano varios cursos cun mínimo de 25 horas teóricas, co obxectivo de dotar ás persoas interesadas en colaborar connosco  das ferramentas básicas para desenvolver a intervención.